miércoles, 4 de diciembre de 2013

POSTAIS DE NADAL REMATADAS!





O nadal xa está petando á porta, por iso os nenos e nenas de 5º elaboramos unhas postais navideñas para felicitar o nadal aos nosos seres queridos. Este é o resultado final.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!

martes, 3 de diciembre de 2013

CHICKEN SOUP

lunes, 2 de diciembre de 2013

As nosas postais de Nadal

Aquí tedes unha fotos dalgunhas das postais de Nadal que estamos a facer para o concurso deste ano. 

A que nos están quedando moi chulas???


domingo, 10 de noviembre de 2013

As Nosas Propostas de Mascota

Aquí tedes algunhas das nosas propostas para a nova mascota da biblioteca.

Ósos, esquíos, vacas, ratos,... todos cunha paixón en común:  a lectura.





Están fotografiadas tal e como as fixemos, sen corrixir nin retocar.

Esperamos que vos gusten!

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Achégase o magosto...

... e as nenas e os nenos de 5º estámonos preparando para ese día: coa axuda da profe Aurora (3º) e da profe Silvia, estamos a facer uns cucuruchos moi especiais que usaremos ese día para comer as castañas. 
Aquí vos deixamos unha foto dalgún dos que xa está rematado.


Mirade Adrián canto traballou...

O noso compañeiro Adrián inventou unha poesía titulada "O meu gato" e tróuxoa ao cole para compartila con todos nós.

























A que éstá feito todo un poeta?

sábado, 12 de octubre de 2013

En plástica... xa temos preparado o noso servilleteiro para pintar

Despois dunhas cantas clases facendo e desfacendo e manchando as mans de pegamento: temos os servilleteiros xa montados para comezalos a pintar.

A que nos quedaron ben chulos???




miércoles, 9 de octubre de 2013

DESCRIBIMOS AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS

As nenas e nenos de quinto estamos a describir aos compañeiros/as de clase. 

Cada un de nós tivo que escoller un amigo ou amiga, estas son algunhas das nosas creacións:
O meu amigo Marcos

Marcos é o meu compañeiro de clase. Marcos ten o pelo rizado,de cor castaño,ten os ollos azuis, a nariz e as orellas pequenas. Ten os labios carnosos e está ben de corpo,e dicir nin gordo, nin delgado.
Viste bastante ben, ao colexio sempre ven de chándal,ainda que cando o vexo en Cee vai moi ben vestido: con vaqueiros, unha chaqueta de coiro  e co pelo engominado.
É moi boa persona, é o único compañeiro que si lle digo que me pase o balón mo pasa sempre, porque algúns compañeiros son un pouco chupóns. Pórtase moi  ben con todos os compañeiros e sempre me respecta, igual que eu a él.

Escrito por: Manuel Lema.



 A miña compañeira Andrea.
 
Andrea ten unha cara alargada, os ollos marróns e pequenos e o pelo de cor marrón, con dúas mechas loiras.
É moi tranquila e seria e gústalle sempre ir moi ben vestida e peinada.Hoxe  leva, un xersei rosa unha camiseta de cor branca, un pantalón vaqueiro é uns tenis blancos e rosas.


                                                           
                                   Escrito por: Melisa Touriñán.
                                                                                                    
O noso amigo Manuel:

Manuel ten os ollos marróns, o pelo negro, medio moreno é bastante alto. 
Leva postas unhas zapatillas azuis, uns pantalóns de cor ocre  e unha sudadera beis.
É un neno moi listo, aficionado futbol  e de bo carácter.
 

O meu amigo ten  os ollos marróns,o pelo castaño e a nariz pequena. Ten 10 anos e é bastante alto e coas pernas longas.
Leva un xersei gris,un pantalóns marróns e uns tenis azuis.
É moi listo e unha gran persoa.

 
Manuel è alto, ten o pelo corto con unha cresta, os ollos marròns e grandes e é delgado.
Viste roupa moderna.
É honesto, listo e saca unhas notas moi boas.
Xoga ao fútbol cos seus compañeiros e é moi bo xogador.

                                               
Textos escritos por: Denís Pazos, Adrián Villar e Marcos Vieites.